O libro será presentado este martes no Museo do Pobo Galego
24 feb 2026 . Actualizado a las 04:50 h.19 horas • Museo do Pobo Galego • «Lembranzas a escena. Un labor teatral (Santiago de Compostela, 1958-1967)», de Ezequiel Méndez, preséntase esta tarde no Museo do Pobo para ofrecer un repaso pola súa traxectoria teatral durante a época universitaria, un momento no que tiveron tamén que loitar contra a ditadura franquista e no que participou en distintos fitos. A publicación está coeditada polo Consorcio da Cidade e a Universidade de Santiago. A presentación estará encabezada polo reitor e pola alcaldesa. O autor non pode asistir.