19 ene 2026 . Actualizado a las 04:50 h.
19.30 • Afundación (Rúa do Vilar, 19) • Entrada libre • O Ateneo de Santiago organiza este luns a conferencia «O Atlas Lingüístico Galego: 50 anos despois», que impartirá o catedrático emérito da USC Francisco Fernández Rei. O tamén investigador do Instituto da Lingua Galega, e un dos referentes da filoloxía galega contemporánea, proporá unha ollada retrospectiva e crítica sobre o que é un dos proxectos fundamentais para o estudo científico da lingua en Galicia, coincidindo co medio século do inicio dos seus traballos.