«Mazarelos», de Manuel Portas, o libro «que fala de nós»

La Voz

SANTIAGO

O salón de actos de Filosofía quedou pequeno para acoller a presentación da nova novela de Manuel Portas, «Mazarelos»
O salón de actos de Filosofía quedou pequeno para acoller a presentación da nova novela de Manuel Portas, «Mazarelos» PACO RODRÍGUEZ

O salón de actos de Filosofía ateigouse na presentación da nova novela do exdirector do IES Xelmírez I 

18 dic 2025 . Actualizado a las 04:50 h.

O salón de actos de Filosofía ateigouse onte para arroupar a Manuel Portas na presentación da súa nova novela, «Mazarelos», na que viaxa ás orixes do instituto Arcebispo Xelmírez e á organización do histórico Banquete de Conxo no século XIX, xa que nel participaron algúns exalumnos do centro, como Aurelio Aguirre e Eduardo Pondal.

Persoas ligadas ao mundo educativo, á política e ao eido asociativo de Santiago acudiron a este acto. A alcaldesa, Goretti Sanmartín, destacou que este libro coeditado polo Consorcio e Galaxia «vai ser unha obra non só moi lida, senón que vai estar entre os libros de referencia que falan de nós, da nosa identidade máis profunda».