Alumnado do IES Antonio Fraguas presentou este martes a iniciativa en Área Central
17 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Fomentar o emprego da lingua galega no comercio local das Fontiñas. Este é o propósito de «O galego a pé de barrio», a fermosa iniciativa que o alumnado do IES Antonio Fraguas presentou este martes no centro comercial Área Central. Os rapaces estiveron arroupados nese acto por numeroso público, tanto da comunidade educativa do instituto como tamén do Concello de Santiago. A representación municipal estivo encabezada pola propia alcaldesa, Goretti Sanmartín, e contou con presenza de concelleiros de todos os grupos, entre eles, Míriam Louzao, Xan Duro, María Baleato, Mercedes Rosón ou Marta Abal.