As xornadas incluirán a participación de responsables de distintos servizos en concellos e centros educativos, entre outros
21 oct 2025 . Actualizado a las 04:50 h.Desde as 9.15 horas • Consello da Cultura • O Consello da Cultura celebra este martes os seus Encontros para a Normalización Lingüística, que nesta 27ª edición levará por título «Lingua en acción: pasado, presente e futuro dos equipos e servizos de normalización lingüística». Ademais, no encontro presentarase o informe elaborado polo Observatorio da Cutlura Galega que analiza en detalle a situación actual destes servizos e equipos. Ao longo da xornada intervirán, entre outros, profesionais dos servizos de normalización da USC e dos concellos de Ferrol, Carballo, Rois e Dodro, así como de centros educativos. A xornada pecha coa actuación de Regueifa Tour.