Anxo Angueira ofrece unha charla en El Corte Inglés e a rapazada de Ames coloca cantares pola localidade nunhas fichas
13 may 2025 . Actualizado a las 04:55 h.As actividades con motivo das Letras Galegas multiplícanse. Un charla do presidente da Fundación Rosalía de Castro abre esta tarde o programa conmemorativo de El Corte Inglés. Anxo Angueira impartirá na Sala de Ámbito Cultural (19 horas) a conferencia «A música, Rosalía e a súa obra». As actividades no centro cultural seguirán o xoves co concerto de Maianas (19 horas) e o venres Rosalía Moral asinará exemplares da súa obra (19 horas).
En Ames, alumnado de Infantil e Primaria está «sementando» cantares por múltiples lugares da localidade frecuentados pola veciñanza e visitantes. Trátase de fichas que quen as atope pode movelas e colocalas noutros lugares.
Melide inicia hoxe un mes de propostas cunha exposición sobre as cantareiras na Casa do Concello que poderá verse ata o 13 de xuño. Mañá haberá unha representación Talía Teatro para alumnado de 1º a 4º de Primaria.