O Foro Grial analiza en Santiago o futuro de Galicia

La Voz

SANTIAGO

SANDRA ALONSO

O encontro desenvolverase no Consello da Cultura e contará, entre outros, coa participación de Ramón Villares e Xoaquín Fernández Leiceaga

03 abr 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

Desde as 16 horas • Consello da Cultura Galega • No marco do seu 75 aniversario a editorial Galaxia promove os «Foros Grial. Galicia 2050», un ciclo de encontros que propoñen unha ollada ao futuro do país. Esta tarde celébrase unha desas citas. Nela participarán Ramón Villares, que afondará en como pensar historicamente o futuro de Galicia; Antía Pérez Caramés, que analizará a perspectiva demográfica; Xoaquín Fernández Leiceaga e Edelmiro López, que exporán unha visión sobre as perspectivas económicas dos nosos netos; e Luciano G. Alfaya, que poñerá a ollada nos modelos de ordenación. O encontro poderá seguirse tamén pola web.