O certame aRi[t]mar abre a votación para elixir as mellores cancións do 2024 de Galicia e Portugal

La Voz

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

Entre as candidatas galegas están Baiuca, MJ Pérez, Ortiga, Mondra e Uxía

28 feb 2025 . Actualizado a las 12:59 h.

O certame aRi[t]mar abriu as votacións a través da súa páxina web para elixir a mellor canción do ano 2024 en Galicia e Portugal ata o vindeiro 27 de marzo. O xurado seleccionou dez candidatas de cada país. No caso de Galicia, as aspirantes son: «F**k the Police» de Ataque Escampe; «Barullo» (feat. Felisa Segade) de Baiuca; «Italofeira», de Boyanka Kostova; «Milagre económico» de Familia Caamagno; «O noso tempo» de Hugo Guezeta; «Tanto por loitar» de MJ Pérez; «Quererse ben» de Mondra; «Papá & Mamá» de Ortiga; «O movemento» de Sheila Patricia; e «Cantar galego ao Zeca» de Uxía. Pola súa banda, de Portugal optan temas de Ana Lua Caiano, Bárbara Tinoco, Bia Maria, Carolina Deslandes, D.A.M.A, Diogo Piçarra e Pedro Abrunhosa, Joana Espadinha, Maria Reis, Mariza e Meninos do Rio.