Abe Rábade, sons a toda cor este xoves no Teatro Principal de Santiago

La Voz

SANTIAGO

Sandra Alonso

O pianista compostelán presentará o seu novo disco, «Tempo de cor»

12 feb 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

Mañá • 20.30 horas • Teatro Principal • 12 euros • Abe Rábade énchese de cor no seu décimo sexto traballo co que recala este xoves en Santiago despois dunha andaina que iniciou o 21 de novembro no Festival de Jazz de Buenos Aires. Nesta ocasión, o pianista compostelán aposta por un disco temático sobre a psicoloxía da cor, «Tempo de cor» (Karonte).

Este traballo está conformado por sete cancións orixinais inspiradas no poder evocador do vermello, o laranxa, o amarelo, o verde, o azul, o morado e o branco invitando ao oínte a un xogo para maridar son e imaxe mental.

O pianista santiagués estará acompañado polo súa sección rítmica habitual, con Pablo Martín Caminero ao contrabaixo e Bruno Pedroso á batería. Durante o proceso creativo tamén contou coa colaboración da artista plástica Beatriz Sáa, quen traballa coa cor como textura e elaborou unha base pictórica que acompaña o traballo na súa versión discográfica física, en soporte virtual e no escenario. Tamén participou o cineasta compostelán Alfonso Zarauza, que asinou unha versión audiovisual do primeiro sinxelo do disco, «Mar de palabras».

As entradas están á venda a través da páxina web de Compostela Cultura e tamén se poden adquirir no despacho de billetes da Zona C e no propio Principal o día do espectáculo a partir das 19.30 horas