Touriñán, David Amor, Quico Cadaval, Roberto Vilar e Pepe Suevos renden tributo a Farruco en Santiago

La Voz

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

A homenaxe celebrarase este martes ás 20.30 horas no Salón Teatro e contará cunha quincena artistas

04 feb 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

20.30 horas • Salón Teatro • Entrada libre ata completar a capacidade • Baixo o título «Farruco: dálle as grazas a José Luis» máis dunha quincena de cómicos e intérpretes réndenlle esta noite un homenaxe a José Luis Bernal, «Farruco». Será nun «acto de agradecemento ao creador, precursor e pioneiro do contacontos / monologuista / cómico en Galicia».

Nesta gala participarán nomes de referencia no eido da interpretación, como é caso de Pepo Suevos, Xosé A. Touriñán, David Amor, Roberto Vilar, Quico Cadaval, Isabel Risco, Isi, Carmen Méndez, Luis Iglesia, Xan Veiga, Celso F. Sanmartín, Avelino González, Cándido Pazó, Carmen Méndez, David Noya e Arantxa Treus. Tamén anuncian que durante a homenaxe haberá sorpresas.

A entrada é libre ata completar a capacidade, pero é preciso a retirada do convite na billeteira do Salón Teatro. Poderá facerse desde dúas horas antes (18.30 horas).