
Ofrecerá funcións hoxe e mañá no Teatro Principal. Tamén continúa no Salón Teatro a montaxe «Nada se sabe»
23 ene 2025 . Actualizado a las 04:55 h.Hoxe e mañá • 20.30 horas • Teatro Principal • 12 euros • A compañía de Cangas Teatro de Ningures presenta en Santiago a súa última montaxe, «As gardiás». Nela aborda os coidados na vellez e a implicación da comunidade á marxe de solucións residenciais da man de institucións ou empresas privadas.
A montaxe ten como punto de partida a catro mulleres maiores que se organizan para vivir xuntas e de maneira autónoma na vivenda dunha delas. O elenco, dirixido por Cristina Domínguez, está conformado por Casilda Alfaro, Amparo Martínez, Rebeca Montero, Sonia Rúa e Melania Cruz. Hoxe ao rematar haberá «posfunción».
e ademais
«Nada se sabe»
18 horas • Salón Teatro • Desde 10 euros • Nova función do espectáculo inclusivo do CDG e Culturactiva. A montaxe aborda versións da discapacidade do teatro clásico.