CONTENIDO PATROCINADO

El negocio de moda urbana y de estilo skate de la calle Fernando III O Santo celebra este mayo su aniversario con descuentos, sorteos y colaboraciones en vivo, como la de conocidos instagramers, artistas urbanos o un disyóquey que tomó su escaparate

Lara Ferreiro
SANTIAGO
25 may 2023 . Actualizado a las 19:53 h.

El pasado viernes fue Dj Mil, el compostelano que dirige Wax!, la escuela de disyoqueis de la ciudad, el que sorprendió y amenizó las compras a los clientes de la tienda Cultura Urbana pinchando música desde su escaparate. «Dende que abrimos en Santiago, hai xa 19 anos, cada maio intentamos agradecer á xente o seu apoio con descontos e distintos eventos», explica Alberto Muiño, uno de los socios -junto a Marcos Cardero- de este negocio de moda urbana y de estilo skate que atrapa, no solo a los jóvenes, en la calle Fernando III O Santo.

«Durante estos días visitounos tamén o artista do famoso Makako, o boneco amarelo que cobrou fama en Galicia xunto ao lema Ferrol Mola, e que deixou o seu selo na tenda», destaca Alberto. «Este mes outro dos convidados foi o instagramer Pablo González, moi seguido nas redes, quen amosou en vivo, e con xente que acudiu ao acto, 'canto vale o teu outfit'», asegura, reflexionando sobre su negocio. «Algo importante foi o de non perder a esencia coa que nacemos, ser unha tenda de moda street pegada á rúa», subraya, demostrando, con su trayectoria, su férreo apoyo al comercio local.

PACO RODRÍGUEZ

«A tenda naceu en maio do 2004, despois de que Marcos e máis eu -ambos de Ordes- rematáramos o ciclo de Comercio no IES Pontepedriña. Quixemos montar algo que nos gustase e, con 22 anos, decidímonos a abrir na rúa Nova de Abaixo, unha das máis estudantís en Santiago, unha tenda de zapatillas, á que pouco a pouco fomos engadindo produto. Os comezos foron complicados, pero a xente moza comezou a valorar a mercancía e xa retivemos clientela. A algúns dos actuais témolos incluso desde o inicio. Tamén hai xente que viña cos pais e agora xa comezar a traer aos fillos», acentúa, volviendo atrás. «No inicio os universitarios vían o noso apoio en concertos e en actos que organizaban e iso axudou a dármonos a coñecer. Sempre tivemos tamén claro o de intentar colaborar con músicos e artistas de rúa da cidade», continúa.

PACO RODRÍGUEZ

«O segundo ano o negocio creceu moi rápido, ata o punto de que a tenda da rúa Nova de Abaixo, quedóusenos pequena. No 2008 abrimos xa a actual da rúa Fernando III O Santo», precisa sobre un establecimiento que con velocidad se hizo un hueco en el comercio joven compostelano con calzado, ropa, complementos o tablas de skate. «Intentamos sempre actualizármonos coas tendencia actuais e con marcas consolidadas como Vans, Carhartt, New Balance o The North Face. Esa variedade e estar á ultima coido que tamén influíu na nosa consolidación», razona Alberto.

PACO RODRÍGUEZ

«Chegamos a abrir unha tenda en Vigo e aquí, en Santiago, tivemos unha terceira na rúa Alfredo Brañas. No 2008 tamén lanzamos a tenda online e, unha década despois, a facturación por internet era xa tan destacada que xa só nos quedamos cunha tenda, a da rúa Fernando III O Santo, e cun almacén na rúa Santiago de Chile, no que xestionamos as vendas dixitais. Iso si, nunca barallamos a posibilidade de atender só online porque cremos firmemente no comercio pequeno, de rúa», apunta Alberto, aclarando que, actualmente, del total de ventas el negocio online supone ya un porcentaje del 60 %. «Por esa vía os nosos principais compradores aínda están en España, en cidades como Madrid ou Barcelona, pero tamén vendemos a outros países, como Portugal, Francia, Italia ou Alemaña», remarca.

«Na tenda de Fernando III moita da nosa clientela vén tamén de localidades da contorna de Santiago, como Muros, Ribeira, Noia ou Ordes», continúa con satisfacción. «Temos xa cerca de 10.000 clientes con tarxeta de socio, e a eles son aos que primeiro informamos dos descontos e promocións que facemos, como o actual do 19 % en todos os produtos da tenda», destaca.

«Xunto a esa fidelización, outro feito do que estamos orgullosos é de que varios dos nosos traballadores leven máis dunha década con nós», enfatiza. 

PACO RODRÍGUEZ

«Algo destacado para nós foi sermos os organizadores do Compostela Skate, o evento da cidade para seguidores do monopatín, para o que colaboramos con Skate Escola, a única na cidade sobre a disciplina, e co colectivo Vella Escola. A cita xa tivo tres edicións e nos próximos meses esperamos anunciar a próxima», subraya animado y sin descanso.

«En maio do 2024 faremos vinte anos. Xa estamos preparando o máis relevante dos nosos aniversarios», avanza.

PACO RODRÍGUEZ