A mostra «Sempre máis» foi inaugurada onte o poderá visitarse ata o 21 de maio
25 ene 2023 . Actualizado a las 04:55 h.O Auditorio de Galicia e o movemento cidadá xerado a raíz do afundimento do Prestige volven a entrecruzar os seus camiños. Este espazo compostelá acollera os encontros dos primeiros movementos sociais, e agora, máis de dúas décadas despois, serve de escenario á exposición que recupera a memoria desa época, «Sempre Máis. Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige», que reúne máis de 150 pezas.
A mostra, que foi inaugurada onte polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, poderá visitarse ata o vindeiro 21 de maio, con entrada de balde. O horario é de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. «Sempre Máis» foi producida polo Auditorio a partir da iniciativa da asociación Unha Gran Burla Negra.
No percorrido polas salas do Auditorio conviven material histórico inédito do afundimento do Prestige con pezas feitas especificamente para a mostra para refacer parte da iconografía da protesta de Nunca Máis que desaparecera ao ser efémera. Tamén hai pancartas, fotografías, pinturas, vídeos, música e material documental.