06 ene 2022 . Actualizado a las 04:55 h.
Ata o vindeiro 15 de marzo está aberto o prazo para participar na oitava edición do Certame Poético Rosalía de Castro impulsado polo Concello de Padrón. Poden participar no concurso literario todas as persoas de calquera nacionalidade que presenten obras poéticas inéditas en lingua galega non premiadas noutros concurso. A temática é de libre elección, así como a forma poética, cunha extensión máxima de 400 versos. O premio consiste en 1.500 euros e un diploma, ademais da publicación da obra. O fallo darase a coñecer o 17 de maio.