Roteiros e música para lembrar a Xela

La Voz

SANTIAGO

Raquel Vázquez

A exposición con retratos da homenaxeada servirá para abrir o novo espazo cultural en Cervantes

16 may 2021 . Actualizado a las 04:55 h.

A programación do Concello de Santiago para conmemorar o Día das Letras vai máis alá da exposición con retratos de Xela Arias en diálogo cos seus poemas que servirá para abrir o novo espazo cultural en Cervantes mañá ás 18.00 horas. Tamén organizou os roteiros «(Re)coñecendo a Xela Arias», que saen ás 18.00 horas de Fonseca hoxe e mañá. Para participar é necesario anotarse en paseos.compostela@maos.gal.

Outro roteiro, esta vez con acompañamento musical, será o que se desenvolverá o día 18 no parque de Vista Alegre coa participación da Escola Municipal de Música. Diferentes actuacións acompañarán o recitado de poemas de autora. Están previstas sesións ás 18.30, 18.45 e 19.00 horas con saída da entrada ao parque situada na rúa Pelamios. O aforo é de 40 persoas por sesión. O martes tamén será o concerto «Vencerse é cousa de tratar (día 18, 18.30 horas, Principal). O convite pódese retirar desde o luns ás 10.00 horas en compostelacultura.gal. É unha peza escénica de Fernando Abreu no que Mónica de Nut porá voz aos poemas de Xela mesturándose cos recitados da propia autora.