A Cesta da Saúde en Santiago de Compostela

La Voz PUBLIRREPORTAJE

SANTIAGO

Alimentos ecolóxicos certificados e con garantías de ter sido cultivados seguindo uns criterios respectuosos

24 nov 2016 . Actualizado a las 08:48 h.

Coa Cesta da Saúde nace un novo concepto de alimentación: Alimentación Ecolóxica Integral. Un concepto baseado nas persoas e para as persoas poñendo á súa disposición a suma de coñecementos desde o cultivo agroecolóxico de alimentos, o trato cálido e humano e o asesoramento nutricional.

Para iso A Cesta da Saúde conta con persoas capaces e competentes en cada campo.

Na base están as labregas e labregos agroecolóxicos que cultivan os alimentos seguindo criterios respectuosos coa saúde, o medio ambiente e co seu papel social necesario na produción de alimentos e responsables dun medio rural vivo e saudable.

Despois as persoas responsables de garantir a calidade ecolóxica, a conservación das súas propiedades e a súa distribución implicando nesta labor as consumidoras e consumidores con total transparencia.

Por último está o equipo médico que garante e aconsella o uso nutricional destes alimentos e adapta as recomendacións ás características e necesidades de cada persoa.

Por todo isto, achegarse á Cesta da Saúde é achegarse á horta das labregas e labregos que lle dan vida cos alimentos que cultivan. Alimentos ecolóxicos certificados e con garantías de ter sido cultivados seguindo os criterios da agricultura e gandeiría agroecolóxicas.

Pero a cousa non queda aí, se non que podemos saber quen é a nai ou o pai de cada alimento, visitalos e coñecelos. Persoas cercanas, case veciñas, que nos achegan os seus alimentos ao pouco tempo de ser apañados. Así garanten a súa frescura e conservan as súas propiedades.

E aínda máis; a Cesta da Saúde conta coa experiencia e coñecementos dunha médico especialista en nutrición que nos aconsellará e recomendará hábitos e alimentos que mellor se adapten ás nosas necesidades.

Por elo se dí que A Cesta da Saúde ofrece alimentación ecolóxica integral ao integrar alimentación e saúde. Dúas palabras que resumen un comportamento preventivo e tamén curativo para vivir sen doenzas.