«O viño é como cociñar e a literatura tamén é o mesmo»

O viticultor presenta hoxe a súa primeira novela «Gandarón ou o gran falo megalítico de Pena Corneira»

Rodríguez usa como fío a cultura dos castros<span lang= es-es > </span>
Rodríguez usa como fío a cultura dos castros

O ourensano Eladio Rodríguez presenta hoxe na libraría Couceiro, ás 19.30 horas, Gandarón ou o gran falo megalítico de Pena Corneira. É o debut como novelista do viticultor, que tamén ofrecerá ao final do acto, no que estará acompañado de Alonso Montero e Bieito Ledo, unha degustación do seu viño. «A novela tiraba por min. Pasei un ano e medio dende as once da noite as tres da mañá escribindo dúas páxinas», explica o autor, que di que o punto inicial foi unha foto.

-¿Que leva a un colleteiro a escribir unha novela?

-Sempre estiven interesado na literatura dende que era neno. Publiquei xa unha escolma de poemas en Grial e un bo día decidín facer esta novela. Sempre estiven fascinado por Pena Corneira, é un penedo, realmente un falo, que foi adorado na antigüidade, unha pedra de 30 metros de altura, a 5 quilómetros de Beade. É unha pedra moi singular, houbo un asentamento paleolítico e despois castrexo, e a partir de aí elaboro unha novela que está ambientada no momento da primeira invasión de Décimo Junio Bruno veu no 137 a. C. É unha novela relacionando toda a mitoloxía galega e outros deuses que eu creo, como o de Pena Corneira.

-¿Canto ten de realidade e de ficción?

-Hai un fío histórico, o da cultura dos castros, que é o ambiente no que desenvolve a novela, pero non é unha novela histórica. Nela tamén novelo como naceu o viño Ribeiro, que naceu nun bosque, que se chama Ridimoas, e despois dunhas videiras que había alí, empezou a facerse o viño.

-Entón, une a súa paixón pola literatura e o mundo castrexo coa súa labor de viticultor...

-A min a Pena Corneira, o viño Ribeiro e ese acontecemento histórico, déronme pé para crear esta novela. Ademais, nesta obra meto poesías, algunhas miñas e outras doutros autores, e algunhas cancións.

-¿Que é máis doado: un bo viño ou este libro?

-Todo se vai cocendo. O viño é como cociñar e a literatura, tamén é o mesmo. As dúas cousas son complexas.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«O viño é como cociñar e a literatura tamén é o mesmo»