«A xente sae chorando cando remata ?Próxima estación?»

m. b. santiago / la voz< / span>

SANTIAGO

19 ene 2012 . Actualizado a las 06:00 h.

Fátima, ademais de actriz, dirixe a Escola de Teatro Valle-Innova, en Vilanova de Arousa, da Fundación Valle Inclán. Leva sete anos traballando con nenos e ao fronte da escola teatral que dirixe e que funciona como compañía, con cerca de 50 representacións actuais. Fátima é tamén a actriz protagonista da obra Próxima estación, de Alberto Dosil, que será representada mañá no Teatro Principal como función benéfica en favor do Proxecto Home. A obra, tras a súa estrea en Vilanova, foi proposta polo autor ao Proxecto Home para ser representada. Ademais, ten a cuestión das drogas como pano de fondo. «Próxima estación trata dunha rapaza, Lola, que ten unha situación familiar difícil cun pai alcohólico e maltratador. Un día que o pai está violando a nai fuxe da casa, colle o tren e chega a Madrid onde empeza unha serie de peripecias...». Problemas de drogas, prostitución e maltrato fúndense nesta peza da que, aclara Fátima, «a maioría da xente sae chorando cando remata a función».