«A partir do século XI ser homosexual é pecado central»

m. beceiro SANTIAGO

SANTIAGO

29 jun 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, sumouse onte ao Día do Orgullo Gai, Lésbico, Bisexual e Transexual presentando na Libraría Couceiro Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media, libro publicado por Sotelo Blanco Edicións na súa colección Estudos e Investigacións. O libro parte dunha investigación de Carlos Callón sobre un documento en torno á unión homosexual, documentada no século XI, de Pedro Díaz e Muño Vendilaz, dous homes que, segundo Callón, «decidiron vivir xuntos o resto das súas vidas». Pero, en opinión de Carlos Callón, «o punto de inflexión do cristianismo» a respecto da homosexualidade, «comeza a partir do século XI que empeza a ser considerado pecado central». Rematada a presentación, Callón participou nun roteiro pola homosexualidade na Idade Media en Compostela.