Actividades

La Voz

SANTIAGO

06 abr 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Ninguén se libra das faltas nos textos. Nin sequera ti. ¿Cando foi a última vez que cometiches unha simpática?

A ortografía é fundamental nun idioma: fíxate que non é igual escribir en español «huevos» que «uebos». Nin en galego ou español «vaca» que «baca». Nin «bacilo» que «vacilo». Son verbas homófonas: soan igual, pero non significan o mesmo. ¿Lembras algunhas outras?

A ortografía explícase pola etimoloxía. ¿Que é isto? ¿Podemos chegar a saber o étimo ou raíz dalgunha verba de uso común, como por exemplo «domingo» (mira aquí: http://blog.lengua-e.com/2007/etimologia-de-domingo)? Ou «entusiasmo» (http://blog.lengua-e.com/category/etimologia). Ou «megálito» (mega e lithos). Ou... ¡agora é a túa quenda!

¿Que quere dicir iso de que a actualidade é caótica? ¿Queres ser xornalista aínda que sexa por un día? Xa sabes que está en marcha un concurso por oitavo ano consecutivo. Visita a web www.prensaescuela.es e xa ves as bases no centro da pantalla. O prazo remata o 30, non o 31, de abril.