02 oct 2009 . Actualizado a las 02:00 h.
Sotelo Blanco Edicións organiza unha nova edición das Tardes de lecer coa colaboración de Política Lingüística, que inclúe a proposta no programa de dinamización do galego Bocaberta.
As actividades empezan hoxe e vanse desenvolver todos os venres e sábados ata o 26 deste mes, a partires das 18.00 horas. Os xogos e talleres baséanse na colección de contos Bolboreta , da mesma editorial que promove os actos.