Ego e talento 2


A última persoa a quen meu pai lle concedeu o cualificativo de xenio foi a Charles Chaplin. Despois foi todo talento racionado ou intencións imposibles.

Meu pai non regalaba os adxectivos, nin os positivos nin os negativos, así que a min quedoume de herdanza esa categoría e unha certa preferencia explicable só dende a rebeldía polo Gordo e o Fraco.

As lendas din que só había unha cousa comparable ao talento de Chaplin: o seu ego. Pero outras lendas din o mesmo de Picasso ou de Orson Welles. Desta constante asociación de ideas debe vir ese asunto de algunha xente que considera que ten moito talento tamén se concede ter moito ego. Digo porque unha cousa e outra non van xuntas como de mostra o caso de Franco, do que nunca se dixo que tivese talento.

Pero Chaplin tiña talento e sabía impoñelo, que é unha segunda versión do talento que non debemos calcular como menor. Entre as súas capacidades estaba a de entender ben a semántica das imaxes e como unha boa morea de imaxes ben distribuídas poden borrar as pegadas dunha vida, pode deixar constancia de cousas que non sucederon ou pode eliminar as que sucederon para mal. Chaplin sabía tamén que a natureza humana ten unha xenerosidade moi grande cos xenios e cos poderosos. E así é.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

Ego e talento 2