Non sei se hai lugar para tanta euforia. O refrán di que por moito que cambies de can sempre ladrará ás ovellas. Unha cousa é ser unha persoa e outra cousa é ser presidente dos Estados Unidos de América. Nunca como agora tivo razón Ortega y Gasset.
Mentres o mundo respira un pouco e se retroalimenta ca esperanza do momento histórico o cine segue coas súas teimas. Por exemplo, Brasil. Se hai un país que poden ser os Estados Unidos de Sudamérica é Brasil. Xustiça propón a idea de que os países son como son os seus sistemas xudiciais. Polo tanto os USA son un país no que hai que dar espectáculo e Brasil é un país no que confusión e caos sinónimas ou secuencias dunha mesma película.
Pero Brasil aínda está aí explicando que os seus recursos son de primeiro mundo, pero a súa sociedade é tratada como de terceiro. Poisa nada. Cambiamos de país. Francia. Cada vez que un mandatario dese país entra na escala dos pequenos comezan a suceder cousas en Europa. Enter les murs é ficción, pero explica esa outra metáfora imprescindible: cada país será no futuro como é hoxe o seu sistema educativo. Explica máis cousas porque nunca se sabe se a voa vontade é un método para mellorar a sociedade ou só para calmar o proer da conciencia.
Bata por fóra (muller por dentro) remite a un tipo de muller que aínda existe e que ten un estereotipo difícil porque case todo o mundo ten na familia máis próxima a unha muller cuberta con esas batas que foron o comezo do imperio Zara. A memoria ten esas cousas: miras a unha muller con bata de guata e sabes que pronto chegará a dor da zapatilla.
Dos documentais sobre músicos de rock en calquera variante habería que facer unha tese para que alguén deixara de ver aos músicos británicos como heroes melancólicos.
Joy División non vai cambiar o camiño e, como moito, vai demostrar que por moita rebeldía, raiba, anguria ou o que sexa, o asunto sempre acaba nunha autocompaixón e unha autoindulxencia preocupante.