A Concellería de Familia, Muller, Maior e Servizos Sociais de Santa Comba en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM), están a organizar diferentes actividades como unha excursión o próximo mércores pola Costa da Morte, visitando Muxía, Camariñas, Fisterra e Vimianzo, na que poden tomar parte tódolos participantes nas clases de ximnasia terapéutica que se están clausurando nestes días.
Asimesmo, o vindeiro 25 de xuño haberá unha visita a Santiago para ver unha exposición sobre a enfermidade de alzheimer, actividade que está dirixida especialmente a tódolos participantes nos obradoiros de memoria e ao público en xeral interesado nestes temas. Ademais, do 10 ó 13 de xullo, organízase unha viaxe a Expo Zaragoza, cun prezo por persoa de 304 euros que inclúen viaxe en autobús, hotel de tres estrelas, media pensión e mailas entradas para os tres días na Expo. O prazo para anotarse remata o día 20 do presente mes, e pódese formalizar no CIM de Santa Comba, ubicado no Multiusos, e cuio número de teléfono é o 981 818 710.