Parece un lugar distante pero está cerca. Padece unha circunstancia distinta da nosa pero hai xestos recoñecibles.
Na exposición de Fernando Bellas queda clara esa máxima que vale para case toda Hispanoamerica: está moi lonxe de deus e moi cerca dos Estados Unidos. Unha das circunstancias que distinguen a Nicaragua de outros países en situación de emerxencia ou con problemas básicos é que no transfondo de Hispanoamérica hai algo recoñecible para os europeos, é como se fose unha Europa rota, truncada por algunha promesa incumplida, defenestrada por un tempo que non deixou que todo medrase na dirección precisa.
A fotografía de Fernando Bellas sinala o cotidiano e o excepcional nun mesmo plano porque, en case todos os sentidos, forman parte da mesma realidade.
A outra cuestión é que a fotografía da exposición é mobilizadora, explica que hai circunstancias que necesitan de intervención e, desde o implícito, sinala que somos nós quen debe tomar algo de partido para solventar o tempo perdido.