N.º 2 DEL BNG EN SANTIAGO
11 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.¿Quen son? Nacín en Lourenzá, (Lugo). Vin a Santiago para estudar e quedei atrapada pola cidade, namorada: gústame cando as súas rúas están desertas e cando están cheas, cando chove e cando loce o sol; as súas prazas e as súas rúas antigas, cos seus recunchos, sempre con algo por descubrir e para sorprender; os seus xardíns e valoro moito os seus ríos e regatos. Cumprir o meu soño de adicarme á docencia, e participei en asociacións culturais e ecoloxistas. Finalmente, decidín voltar a Santiago. ¿Por que estou en política? Exercendo en Santiago a miña profesión, incorporeime activamente ao ecoloxismo, movemento que obtiña do BNG respecto e apoio. O Bloque propúxome integrarme na súa candidatura ás municipais e aceptei un dobre reto: aparcar unha profesión que me satisfacía e responder ás expectativas políticas postas en min. Acepteino coa ilusión de poñer o meu grao de area para facer de Santiago a capital do benestar, da cultura, da igualdade, da solidariedade, da xustiza social, da sustentabilidade. É unha paréntese para un cambio de perspectiva, porque o BNG aporta obxectivos de país e formas democráticas e participativas. A paréntese pecharase, pero, entretanto, seguirei traballando para a mellora da desta cidade que eu adoptei como miña.