ADELAIDA NEGREIRA | EDIL DE SERVIZOS SOCIAIS
21 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.? relatora municipal de Servizos Sociais de Santiago afirma que as entidades sociosanitarias, entre as que son maioría as representantes de doentes, teñen un peso maioritario no Consello Municipal, moi superior ao dos grupos de menores e de voluntariado, que tamén interveñen nese organismo participativo. -É certo. Parte destas asociacións levaban xa moito tempo funcionando e quizá non se fixeran ver tanto como agora, polo menos en Compostela, aínda que algunhas se coñecesen mellor en cidades máis grandes. -¿Cal foi a prioridade desde o seu departamento do Concello neste ámbito? -Cando entrei no goberno local e asumín esta responsabilidade observei como moitas entidades non se coñecían e tiñan problemas en común. Por iso se propiciaron encontros, para facilitar posibilidades de colaboración. -¿Que lle reclamaron ao Concello neste tempo? -Máis que pedir diñeiro, pois o noso orzamento tiña evidentes limitacións, o que queren as asociacións é que se coñeza a problemática dos colectivos que representan, facer ver socialmente que existen. Moitas prestan servizos a afectados de doenzas, e tamén atenden aos familiares, que en ocasións precisan igualmente de apoio e solidariedade. -¿Que función terá a casa das asociacións? -Estamos elaborando o regulamento para o seu funcionamento, pois confiamos que comece a ser utilizada despois do verán; gustaría de que se inaugurase por esta corporación, aínda que estivésemos en funcións. Está orientada sobre todo para as asociacións con menos recursos, pois as máis fortes dispoñen xa de medios. A posibilidade de ofrecer algúns servizos comúns, como a organización de actividades de formación, charlas, xornadas, e outras, dependerá de que lles interese esa orientación e os demanden.