A Xunta recoñécelle o contido científico técnico ao Museo Pedagóxico de Galicia

La Voz LA VOZ | SANTIAGO

SANTIAGO

26 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

O Consello da Xunta de Galicia acordou na súa reunión de onte o recoñecemento do Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) como museo de contido pedagóxico e científico técnico. A Consellería de Cultura e Deporte emitiu un informe previo favorable e permitirá que o centro se circunscriba a rede de museos de Galicia, e pasará a ter a categoría de museo. O Mupega é un centro financiado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e reúne 2.523 obxectos. Son pezas que proceden na súa meirande parte dos centros educativos de toda Galicia, e están inventariados e fotografados. Dispón dun proxecto museolóxico e museográfico e os seus espazos foron remodelados con criterios prácticos de comunicación interna e para os visitantes. O principal obxectivo deste museo é promover e desenvolver a recuperación, salvagarda, estudo, mostra e difusión do legado pedagóxico de Galicia, e a recuperación de bens patrimoniais relacionados coa educación e a memoria colectiva.