Entrevista | Xabier Lorenzo O taller de publicidade que comeza hoxe englobase nos talleres de lecer do CGAC
21 ago 2006 . Actualizado a las 07:00 h.Este profesor de secundaria e licenciado en Belas Artes considera necesario este taller xa que ve os nenos como consumidores dun linguaxe que fai gastar moitos cartos. Este taller se engloba nun programa máis amplo do CGAC de linguaxe audiovisual que busca amosar a importancia da imaxe no mundo actual. -Vai ser un taller máis en clave interpretativa que construtiva. Non busco que sexan os nenos publicistas. Os nenos son esencialmente consumidores. -¿Cal vai a ser a mecánica do seu obradoiro? -Imos desmontar o anuncio. Ver as distintas capas que o forman. -¿Que outras actividades podería destacar? -Tamén faremos unha simulación dos mesmos mensaxes pero por separados para ver o ruído dos anuncios que nos confunden é facer patente que nos están vendendo, que nos están introducindo mensaxes contraditorios. Quero destacar o seguinte. Creo que aquilo que é complexo nos podémolo comprender. Aquilo que é simple é totalmente hermético porque se presenta cun simple golpe de vista. -¿Que vai utilizar máis: a publicidade da tele ou a da prensa? -Non vou diferenciar. -¿Podería destacar outro xogo que farán cos nenos do curso? -Vou facer que vendan algo que non ten valor para demostrar ata que punto cunha mensaxe se pode vender algo que non ten valor utilizando o corta e pega. -¿A que se refire cando fala dun corta e pega no mundo publicitario? -Si, pero sobre todo nos valores utilizados nos anuncios. Son diferentes traducións dunhas mesmas mensaxes. -¿Para ti que é mais forte, a imaxe ou a mensaxe? -É o mesmo. É un todo. Farei outro xogo no que quitarei a voz para que se dean conta de que como sen escoitalo a realidade revelase. Creo que hoxe fai falla ética profesional nun publicista.