Entrevista | Elsa Quintas Alborés
16 may 2006 . Actualizado a las 07:00 h.?sta entidade, pertencente á Mesa pola Normalización Lingüística, foi presentada en Compostela en abril e xa realizou unhas xornadas de estudo, alén de se entrevistar coa presidenta do Parlamento, entre outras actuacións. -Pola necesidade de canalizar queixas que chegan da cidadanía pola conculcación dos dereitos dos galego falantes. Decidimos crear este espazo específico para a participación de notarios, xuíces, advogados, procuradores, e outros profesionais relacionados co Dereito. Algúns, como Isabel Castillo, mesmo experimentaron problemas por usar o galego. Tamén hai profesores das tres universidades, especialistas en dereitos lingüísticos, como Alba Nogueira ou Pilar García Negro. Son uns 30 membros, que se están a ampliar, alén de asociacións dispostas a colaborar, como Fala Ceibe, CIG, Agal e AS-PG. -¿Que ámbitos de actuación contemplan? -Faremos un relatorio anual, segundo a Carta Europea das Linguas Minoritarias e Rexionais. Temos intención de estudar as deficiencias do corpus legal; e vamos velar polo cumprimento da legalidade, chamar a atención dos políticos para que se materialicen as leis aprobadas. A nosa idea é esculcar o que acontece e servir de ponte entre a sociedade e os poderes da Administración. -¿Como explica a manifestación deste 17 de maio? -É para reivindicar que o galego teña o mesmo estatus que o castelán no novo Estatuto de Autonomía, que haxa o deber de coñecer a nosa lingua, sobre iso pivota todo. O conflito lingüístico está vivo, e parece que nos temos que conformar con menos, cando como cidadáns temos dereito, e así o pedimos, a poder existir en galego, sen discriminacións, que se nos tome en serio e se escoiten as nosas demandas.