«Case penso que me deron cousas que non merezo»

Xosé Vázquez Gago
Xosé V. Gago SANTIAGO

SANTIAGO

JAVIER RAMA

Entrevista | José María Fernández A mestra dunha escola unitaria de Touro o propuxo para o premio xa que fabricou de balde moitas pezas de carpintería e material que o centro precisaba

16 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

José María Fernández naceu na parroquia de Loxo, en Touro, hai exactamente 75 anos e 35 días. Cumpriu anos o pasado 12 de novembro. Está xubilado e foi taxista durante 23 anos. José María Fernández convertiuse nunha especie de San José para os niños dunha escola unitaria, para a que fabricou varias pezas de carpintería necesarias para as clases e as actividades. Antonte recibiu un galardón á solidariedade outorgado na Gala de Reis Magos de Radio Voz, un premio para o que foi proposto pola agradecida mestra da escola, Mercedes Álvarez, e que lle causou unha forte emoción. -¿Que sabor de boca quedoulle despois da gala? -A verdade é que estou moi contento e gustoume todo moitísimo. Emocioneime cando vin aos nenos do colexio tan contentos na gala. Non sei, case penso que me deron cousas que non merezo, non creo que mereza tanta atención. -Home, por algo quererían que levase o premio. -Fixen algúns traballos para o colexio, un banco de carpinteiro, unha tendedeira, unha carretilla... Non teñen a ninguén que faga estas cousas, pero me parece que non o merezo, emocioneime moito e estou moi agradecido aos organizadores e a Mercedes, que é unha gran señora e que traballa moitísimo polos nenos. -Hai quen se pensa que é vostede carpinteiro. -Non, que va. Nunca fun carpinteiro. Fun taxista durante 23 anos e agora estou xubilado. Cando deixei de traballar empecei a facer algunhas cousas de bricolaxe porque ao lado da casa temos un aserradeiro con serra circular. Antes facía máis pezas, mais nos últimos meses estou canso. -¿E que fai con as pezas que fabrica, as vende? -Non, regalei a maioría. Pero quera que non, sigo a ter os mesmos amigos (rí). -O traballo de taxista ten fama de ser bastante duro. -Ben... Para facer calquera traballo hai que ter vocación, cando tes ganas de facer algo todo é moito máis fácil así. -¿Que lle pareceu á súa familia que lle desen o premio? -Pois están encantados claro. Teño un neto e unha neta en Touro e fíxolles moita ilusión todo o que está a pasar. No que se fixaron moito é en que sae unha foto miña no periódico. Cando o viron, dixeron: «Mira, ¡o avó sae retratado no xornal!»,