Ándele

CAMILO FRANCO

SANTIAGO

CRÍTICA | O |

03 nov 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

QUIZAIS a historia italiana sirva de desculpa e o seu coqueteo case permanente co poder omnímodo sexa unha constante que permita entender a situación actual. Tampouco faría falta marchar tan lonxe para entender situacións políticas que acaban manexando aos medios de comunicación para favorecer a súa permanencia no poder. O que fai Sabina Guzzantti en Viva Zapatero non é tanto un exercicio de cine como de xornalismo directo, sinxelo e radical. O bo do cine, e tamén do periodismo ben entendido, e que teñen espazos comúns que por veces se sobrepoñen e, por veces, se substitúen. A italiana utiliza o cine como timbre contra o adormecemento. Fala dela propia e, como non o esconde, non se dá aquí aquel vello problema ao que tanto acoden os que senten perxudicados pola prensa: a obxectividade. Ademais do asunto de que Italia para un galego non debe estar tan lonxe, o documental axitador de Guzzanti demostra, por unha vez máis, como o poder é especialmente sensible a quen se lle opón. Demostra unha lóxica contradictoria: canto máis absoluto é o poder máis sensible se volve ás críticas.