«Ignorar a riqueza das diversas doutrinas é empobrecedor»

José Xavier Bom SANTIAGO

SANTIAGO

En dos minutos | Calo Iglesias Xudaísmo, islamismo, confucianismo, taoísmo e xintaísmo son analisadas neste terceiro volume que, como os dous anteriores, está pensado para o ensino

18 jun 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

?ste novo traballo tenta informar dunha realidade relixiosa e cultural milenaria, viva, moi actual: «Ignorar a riqueza das diversas doutrinas é empobrecedor, algo que é preciso correxir», explica. -Dar a coñecer relixións con enorme tradición que continúan vivas e que están moi espalladas. O islamismo ten centos de millóns de seguidores, e o mesmo as relixións orientais. Islamismo e xudaísmo deixaron unha profunda pegada en España, presente na cultura, na economía, na ciencia, na literatura ou na linguaxe. -¿Observa evolución nestas relixións? -O modo de se adaptaren aos tempos é diferente. O islamismo ou o xudaísmo son monoteístas, transmiten unha revelación de Deus a Abaham, a Moisés, ou a Mahoma, e teñen unha concepción sagrada da historia, que manteñen. O xintoísmo xaponés, alicerzado na divindade do poder imperial, tivo unha mudanza moi relevante cando Hiro Hito anunciou en 1946 que non era divino, após perder o Xapón a guerra mundial. -¿Que actualidade transmite este volume? -Axuda a entender a circuncisión, a oblación, o sabbat, o ramadán, e outros rituais e conmemoracións. Ou o terrorismo islamista. Alén diso, o confucianismo é moi orixinal e xa antes de Cristo defendía valores que en parte se adiantaron á Declaración dos Dereitos Humanos. O taoísmo pode ser considerado precursor do ecoloxismo, do maior cuidado da natureza ou da alimentación equilibrada. Son algunhas das moitas cuestións que conectan este volume coa actualidade. -Falta un volume, ¿non é? -Si. Nel estudarei movementos de protesta. Prisciliano, Lutero ou Nietszche serán alguns dos seus temas.