Vinculacións

LUPASI

SANTIAGO

TRIBUNA | O |

26 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

O TEMPO corre imparable pero a memoria histórica pervive. Don Manuel Domínguez Benavides, descoñecido na súa propia terra, publica no ano 1934 o libro El último pirata del Mediterráneo. Foi daqueles homes íntegros defensores duns ideais polos que loitaron toda a súa vida, que finou no exilio en México no ano 1947. Setenta anos despois da denuncia pública de Benavides contra o contrabandista de Palma de Mallorca Juan March, ó longo e ancho da Península medraron os ananos, incluso en Galicia. O panorama é desolador e non ten fácil solución. Recordo as palabras dun ilustre maxistrado do Tribunal Supremo, no ano 1971 cando, camiño de Vigo para ver o Celta-Atlético de Madrid, enterámonos de asasinato do mafioso e presidente do Club Deportivo Málaga Antonio Rodríguez López. Á miña pregunta, se darían pronto cos culpables, contestou: «Nunca se sabrá. La alarma social pasará y, dentro de quince días, se olvidará». Penso que a resposta do maxistrado estaba feita, en certa medida, con coñecemento de causa. Pouco tempo despois, con outro compañeiro de profesión, foron apartados do exercicio profesional pola fuxida dun famoso capo italiano. A incógnita sempre está aí: ata onde chegan as vinculacións das mafias cos poderes fácticos do país.