? portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Anxo Quintana, realizou onte unha visita institucional ó municipio de Brión, sendo recibido na Casa do Concello polo alcalde, Xosé Luís García García, e mailo portavoz do BNG brionés, Xesús Pena. Quintana chegou a Brión tras visitar as instalacións da planta de compostaxe de residuos da Mancomunidade Serra do Barbanza, en Lousame, a cal fora convidado por esta entidade supramunicipal, da que é presidente o rexidor brionés. Quintana congratulouse de regresar a Brión, pola boa amizade que lle une co seu alcalde, antigos compañeiros na Fegamp e sinalou: «Teño bos recordos de cando nos xuntamos aquí para crear unha Federación de Concellos Rurais galegos» ao non sentirse respaldados dentro da antiga federación de concellos. O líder nacional do BNG mostrou o seu desexo de regresar moi pronto a Brión «para falar de proxectos que se poidan facer», en clara referencia a un cambio político despois dos comicios autonómicos. Entre outros, citou o problema da financiación dos municipios que, na súa opinión, «é un problema latente que teñen os concellos galegos para conquerir unha financiación real» que segundo Anxo Quintana «veñen asumindo competencias que si ben non son recoñecidas oficialmente, hai que abordalo traspaso» aínda que rexeitou a fórmula do Pacto Local. Xosé Luís García agradeceu a presencia do lider nacionalista en Brión, concello onde reside o seu antecesor, Xosé Manuel Beiras, e lembrou a similitude que teñen Brión e Allariz, con una población similar y los mismos problemas de crecimiento urbanísticos. Despois da visita institucional, Quintana mantivo unha xuntanza informativa cun grupo de veciños.