ROIBÉN
23 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.A POLÉMICA sobre a praza Roxa continuará, sobre todo despois de que o PP anunciase que xudicializará o caso pola xestión do proxecto unha vez que se detectaron os problemas que derivaron na modificación deste mesmo e nunha forte desviación económica do seu custo. Pero onte non era día para polémicas. Controvertida ou non (calquera iniciativa no único espazo de certo esparcimento no Ensanche sempre o é), os munícipes aparcaron onte as súas diferencias. Onte impúxose a celebración de que o Ensanche, e a cidade, deixou atrás dous anos de obras nun dos seus puntos máis sensibles. E non cabe dúbida de que o espectáculo de luz, son e pirotecnia foi a gran atractivo para que a praza estivese a rebosar, pero tamén foi unha ocasión para que os munícipes tomen nota de que esta zona existe tamén, coas súas limitacións espaciais e de tráfico, para celebracións cidadáns.