TRIBUNA | O |
17 dic 2004 . Actualizado a las 06:00 h.PENSO que de boa fe proponse o cambio dos restos de Valle Inclán ó Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval. ¡Ollo! O primeiro contar co beneplácito da súa familia, aínda que sexa unha obviedade. Tamén debería contar o respeto a súa última vontade á hora de tomar tan trascendente decisión. A figura universal de don Ramón ven sendo para moitos de nós un patrimonio de todos. Valle, coñecedor da gravedade da súa enfermidade, rexeita o ofrecemento de quedarse en Roma, París ou Madrid. Decide vir a morrer á súa querida Compostela. Deixou dito que sobor da súa tumba no cemiterio de Boisaca, se colocase unha pedra do monte da Curota. Contábame Arturo Cuadrado, entre outros, cando se baixa do Castromil lle preguntan ¿dónde quiere usted parar? Como no traigo dinero en el mejor hotel. O día antes do seu pasamento no sanatorio Villar Iglesias pide un vaso do auga. Mántuvoo uns intres nas súas mans e déixao caer. Os presentes respiran tranquilos, nunca bebera auga. ¡Xenio e figura ata a sepultura! A carón da súa sepultura o presidente da República ordea plantar dous cipreses. Logo do 36 o seu «crollo» foi ocultado moitos anos tras dos panteóns ata o seu traslado definitivo o seu lugar de orixe, no ano 1986.