Parábola furiosa

Camilo Franco SANTIAGO

SANTIAGO

Cineuropa | «Salò o le 120 giornate di Sodoma»

16 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

?nha das mellores virtudes do cine de Pasolini é que sigue sendo válido nos seus simbolismos, segue tendo a vitalidade da proposta. Tamén é verdade que a sociedade non ten avanzado tanto e quizais por eso segue sendo considerado provocador ou sexual, como se, no fondo de todo, non permanecese unha reflexión, nalgúns casos profética, sobre a realidade. é unha película con moitas metáforas mal entendidas. Quizais porque no occidente occidental para volver sobre o interminable asunto do poder algúns espectadores prefiren a violencia ao sexo. Certo desentendemento da obra do realizador italiano procede xustamente desa súa intención cambiar algúns paradigmas e tentar traducir ao cine elementos interpretativos que proceden de sistemas culturais ben anteriores: as fábulas populares, por exempro, nas que a presencia do sexo ía máis parella á vida do que nas propostas culturais. O prexuizo sobre a obra de Pasolini permanece aínda extendido, dubitativo algunhas veces, sobre a vocación e as intencións do realizador. Quizais porque temos os ollos demasiado acostumados ao pastel cromático ou ás agradecidas elipses, esta película parece incómoda, transgresora e todos os demais adxectivos que, para os medir con fineza, habería que saber en comparación con que se utilizan. Seguramente hai algo no cine de Pasolini que non é estrictamente cine, que non quere someterse a algúns dos dictados das salas, das productoras ou das normas implícitas da sociedade. E, sen embargo, a parte que non é cine é o outro xeito ben entendido do uso cinematográfico. Quizais axitación e propaganda dunha vida en busca dos límites. Tamén a narrativa necesidade da esaxeración é a que leva a Pasolini a tensar as cordas porque a eficacia das parábolas depende en moito da capacidade que teñan para fixarse na memoria do espectador. Salò é unha parábola furiosa, pero non máis furiosa do que a vida que provoca, non máis furiosa que a realidade ou que o poder. Director. Pier Paolo Pasolini. Xénero. Drama Sexo. Duración. 117 minutos. Nacionalidade. Italia e Francia. Estrea.