Portugués

X. AMANCIO LIÑARES GIRAUT

SANTIAGO

O FIADEIRO | O |

13 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

HAI UNS quince anos que recibimos semanalmente na nosa casa o xornal vianense Falcao do Minho. Diríxeo dende a súa fundación -vai no ano XVII, nº 820- Joao B. Fernandes, un home namorado e defensor das relacións intensas entre Galicia/A Galiza e Portugal, nomeadamente entre as comunidades miñotas/minhotas e nós. J. Fernandes é un exemplo de teimosía e ilusión no mundo da prensa rexional e do empresariado que aposta en serio polos medios periódicos locais e comarcais, que tanto ten estudado no ámbito galego o xornalista e profesor da USC, Xosé López. Nun par de ocasións fun visitar a redacción do Falcao do Minho, con alumnos do noso IES xalleiro, en Viana do Castelo. E que ben nos recibiron e informaron sobre o proceso de elaboración do xornal, que agora tamén ten edición propia para as terras da Cerveira miñota. Co Falcao do Minho podo ler en portugués -no idioma irmán- a diario, bebendo novas frescas da área das dúas beiras do Miño/Minho, ese anaquiño de arco atlántico que debe seguir co namoro na cultura, na sociedade, na economía. O Falcao é un falcón fluvial que nos informa ben da vida do norte dese Portugal tan próximo e tan afastado. Moito obrigado.