Os coletazos do terrorismo

LUPASI

SANTIAGO

TRIBUNA | O |

31 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

Os DISCÍPULOS de Sabino Arana e do padre Petrus, de paso por Galicia, deixáronnos unha advertencia. ¡Ollo! ETA sigue viva e dando coletazos. Aínda está por ver si son os derradeiros. Cúmprense trinta e dous anos das Olímpiadas de Munich, as que, en opinión de moitos expertos, prometían superar en emoción e expectación as anteriores competicións olímpicas. Así foi, pero por motivos moi distintos ós estrictamente deportivos; para sempre quedaron na memoria como as máis sangrientas da historia. Un comando palestino chamado Septiembre Negro irrumpe no pabellón de Israel secuestrando a casi tódolos atletas e asasinando, logo dunHa negociación mal levada, a once israelíes, cinco palestinos, un alemán e un romano. A masacre podería terse evitado, tal como sucedeu uns días máis tarde, no secuestro do avión no que viaxaba o periodista español Salvador Salazar, que se converteu así en testigo ocasional da feliz liberación dos tres palestinos retenidos nos luctuosos sucesos de Munich. Estes días observamos con satisfacción a marcha das Olimpíadas de Atenas, onde acadamos un bo palmarés, con 19 medallas, unha delas con sabor galego: «David vence a Goliat». Nembargantes, trinta e dous anos máis tarde, o conflicto xudeo palestino, desencadeante da traxedia das Olimpiadas de Munich no 72, continúa vivo e sen solución a corto prazo. O terrorismo internacional está latente. E aquí observamos con preocupación como o terrorismo de ETA convertíunos, desgraciadamente, nun obxectivo real. ¡Ata cando falarán as armas!