O lugar da superación

Míriam F. Louzao SANTIAGO

SANTIAGO

26 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

Domingo Dosil é o presidente da Confederación Galega de Minusválidos, Cogami, desde que esta naceu, hai doce anos. Desde entón, Domingo pasa horas e horas neste edificio, o que fixo que se acabara por converter no seu lugar favorito en Compostela. Dentro da sede, Dosil elexiu un lugar concreto: «Gústame especialmente a sala de xuntas, porque é o lugar onde debatimos os asuntos da confederación, onde nos reunimos e, sobre todo, porque é o lugar onde Cogami conseguiu os seus máis grandes logos», explica orgulloso. Pero ademáis de motivos relacionados coa confederación, tamén ten outros, máis persoais, para elexir este lugar: «Cando tiven o accidente, pensei que nunca máis ía poder traballar, polo que este lugar é para min a superación de todo aquelo, ten moitas connotacións positivas na miña vida, por iso me encanta».