A leiteira

LUPASI

SANTIAGO

TRIBUNA | O |

23 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

POUCOS ANOS atrás un servicio básico na alimentación, o leite, estaba garantizado na distribución polas leiteiras que diariamente acudían ó núcleo urbán de Santiago. ¿Quen se lembra da leiteira de Calo? Temos unha escultura de Eiroa no Paseo da Ferradura adicada á memoria das leiteiras. Aurora Liste Forján era unha delas, comunista por convicción, predicaba co exemplo. Recollía o leite dos paisanos pagando na man -as empresas lácteas o facían ós tres ou catro meses-. Aurora, no 1936, sendo moi xove, sufre persecución, malos tratos e cadea. Dous irmáns, Faustino e Constante, foran pasados polas armas, outros dous estaban fuxidos no monte, mentres o famoso Xeneral Lister combatía no fronte contra as forzas de Franco... Nos anos 60-70 comenza o movemento estudiantil polas libertades. En todo iste proceso revolucionario, sin medios económicos, o peto de Aurora sempre estivo aberto. En 1972 recibe a visita de Carmiña, todo una contecemento por se-la filla de Xesús, exiliado en Praga. Posteriormente, no ano 1977, chega Lister, que discursa a modo de mitín na Alameda, xenerando controversias e rexeitamento na xente. Aurora fai o comentario: «Os tempos cambiaron, non sei que lles pasa ás esquerdas que sempre andan esturruando uns contra outros, os enemigos son os fascistas...». Aurora si que non trocou e finou coas súas conviccións comunistas...