A Española

LUPASI

SANTIAGO

TRIBUNA | O |

03 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

Ó can flaco todo son pulgas. Nestes días as Illas Antillas son noticia. A República Dominicana e Haití foron condenados a figurar na O.E.A. (Organización de Estados Americanos) cos índices máis baixos de atraso, pobreza e analfabetismo de todo o Hemisferio. A memoria histórica pesa terriblemente sobre a República Dominicana. No ano 1965 o país estaba no bo camiño. O coronel Francisco Caamaño, de ascendencia galega (da vila de Negreira) logrou o triunfo nas eleccións democráticas, sendo investido presidente da República. O seu mandato durou pouco. A Caamaño, formado na academia militar dos Estados Unidos, non lle permitiron exercer o mandato do seu pobo para saír da miseria e o atraso imposto polos intereses dos gobernantes americanos. Os Estados Unidos, baixo o pretesto de protexer ós seus cidadáns -sempre é o mesmo- envían 40.000 marines para pacificar a illa. O tío Sam puxo a bota enriba do pescozo dos constitucionalistas e seguidores do ex presidente Juan Boch. Hoxe 40 anos máis tarde aqueles países que contan cunha extraordinaria riqueza en recursos naturais seguen nun atraso e nunha pobreza inconcebibles. A declaración de Guadalaxara ten que ser máis solidaria e ir máis alá do envío de forzas pacificadoras. Necesitan axudas, máis medios materias e humanos contando en todo momento co respaldo do noso país e da Comunidade Europea.