O programa «Percorrendo as vilas de Europa» chega á capital do Sar o 4 de maio

La Voz U. L. | PADRÓN

SANTIAGO

A Fundación Galicia Europa e a Dirección Xeral de Xuventude, co apoio da oficina do Parlamento Europeo, artellaron un proxecto que, baixo o título de Percorrendo as vilas de Europa, trata de facer partícipes a todos os galegos promovendo o coñecemento do sistema comunitario. Para iso un autobús percorrerá vinte vilas de Galicia. A Padrón chegará o vindeiro 4 de maio. Dous técnicos guiarán aos visitantes sobre as principais páxinas web relacionadas coa Unión Europea. Os interesados só terán que subirse ao autobús