O programa inclúe a actuación de Chenoa, touros e moito deporte

La Voz

SANTIAGO

03 abr 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

O programa das festas de Padrón reserva para a vindeira semana os seus principais atractivos. Aínda que a Pascua xa comeza hoxe, na primeira parte da semana celebraránse sobre todo actos relixiosos, combinados con actividades deportivas como o campionato galego de xadrez (do domingo ao martes), pesca (o xoves) e tamén golf (venres). O vindeiro sábado será cando a festa chegue a Padrón, co maratón popular pola mañá, a inauguración da feira de maquinaria agrícola e a lectura do pregón, que lle corresponderá a Verushka Ramírez, primeira dama de Miss Universo. O acto está previsto para as nove da noite En calquera caso, a muller con mais reclamo para a Pascua será Chenoa, que ofrecerá un concerto o Sábado de Pascuilla no Campo do Souto. Nos días de intermedio entre ambas datas será o momento da feira cabalar, prevista para o día 11, Domingo de Pascua. Nese día haberá tamén unha exhibición de doma e a partir das seis da tarde a tradicional corrida de toros, coa participación de Fabian Machado e Fernando Rivas Rubio. A praza de toros estará no Campo da Barca. Recepcións O Luns de Pascua (día 12) será o día de Santiago. Haberá unha recepción oficial á corporación de Compostela e actuacións das bandas municipais de Padrón e Santiago. Ao día seguinte tócalle o turno á vila de Rianxo.