«Bicos con lingua», unha comedia para reflexionar sobre o idioma

La Voz C.F. | SANTIAGO

SANTIAGO

?nha comedia para reflexionar sobre o nunca resolto problema do idioma. Bicos con lingua é unha montaxe con moitos autores, que tenta ofrecer algúns dos múltiples paradoxos arredor do galego. Talía Teatro estará na Sala Yago dende hoxe ata o próximo domingo con esta peza que quere divertir ó tempo que propón a reflexió sobre algunhas actitudes coa lingua. A orixe da obra ten que ver con textos que a compañía encargou, segundo explicou Artur Trillo, e outros que están tomados de libros, como Falar galego: no veo por qué , no que Ana Iglesias aportaba datos sobre as actitudes dos galegos co seu idioma. Tamén se incorporan textos de Suso de Toro, Xavier Lama, Cándido Pazó, Marta Echevarría e Avelino González, que tamén dirixiu a peza. Para o director «esta é unha obra de propaganda que limita co panfleto porque a compañía cre nestas cousas que conta e ten un compromiso coa lingua». González explica que unha das características de Bicos con lingua procede da necesidade de que servira para calquera espacio, «para un instituto ou para unha casa de cultura». A compañía está sorprendida pola aceptación que, ata agora, ten tido esta montaxe, que se mantén en cartel desde hai máis dun ano, cando foi estreada en Cee. Atribúen esta vida da obra «a que é unha montaxe económioca -di Avelino González- pero tamén a que a situación da lingua é un argumento que interesa». Neste sentido, González explica que a intención de Talía Teatro é provocar unha reflexión no espectador sobre as actitudes que mantén coa lingua e por eso as situacións que aborda a montaxe van desde pedir traballo a ligar, circunstancias tomadas da vida e que «pretenden darlle unha volta ás situacións para despertar a reflexión na conciencia dos espectadores, sin que por eso teñan que deixar de divertirse coa obra».