O Concello brionés cede terreos do cemiterio de Cornanda

Emilio Forján BRIÓN

SANTIAGO

17 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

? corporación municipal brionesa celebrou onte unha sesión plenaria na que se procedeu á rectificación do inventario municipal e a liquidación do presuposto 2003. Na orde do día tamén figuraba a aprobación da conta de recadación, onde se puso de manifesto que hai pendentes de cobro dos últimos cinco anos unha cantidade de 76.000 euros, dos cales 55.000 corresponden a Inmobiliaria Mahía que desde 1998 non liquidou o imposto de obras da urbanización do balneario do Tremo, debido a que todavía non rematou as obras. Outro dos puntos tratados na sesión celebrada na mañá de onte foi o acordo de cesión de 240 metros cadrados do terreo de ampliación do cemiterio da parroquia de Cornanda ó Arzebispado de Santiago. Dita franxa fora adquirida polo Concello de Brión no ano 2000 con motivo das obras de ampliación do camposanto de Cornanda. Todos os grupos respaldaron unha proposta inicial do BNG de loita contra a violencia de xénero, que tamén facía fincapé no lamentable caso acaecido no municipio coruñés de Toques. O texto da moción condena eses feitos e pide a demisión do seu alcalde, Jesús Ares. Na sesión rectificaronse o número de representantes na Mancomunidade Serra do Barbanza. Ademais do alcalde, Xosé Luis García García, haberá outro concelleiro independente, un do Partido Popular e outro do grupo mixto.