A antiga Porta Santa e o cortaventos de Leiro mostráranse os anos non santos no museo da catedral xunto con varios elementos da actual porta de bronce esculpida por Suso León. A nova porta santa lucirá toda a súa beleza por ambos lados. É dicir, si se mira dende o interior da catedral ou dende o exterior, se ben neste caso coa distancia que impón a reixa de ferro que reforza esta entrada na liña de fachada da praza da Quintana deixando un pequeno patio. As pezas que estarán no museo son as que Suso León desbotou porque superaban o grosor preciso do bronce. Unha característica que distingue aos escultores broncistas é que as obras sexan o máis delgadas posibles, dentro dos cálculos exactos. De aí que no proceso artístico sexa habitual que repitan pezas, que neste caso tamén quedarán para a posteridade.