«A base económica depende en exceso do sector servicios»

La Voz

SANTIAGO

RAMÓN BREA (UGT)

21 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

O sustento económico de Compostela depende fundamentalmente do sector servicios, polo que é imprescindible diversifica-la base económica cara outros sectores, como pode se-lo sector industrial ou o turismo. De feito, o emprego na comarca concéntrase no sector servicios e, ademáis, cun peso forte da cidade: Santiago absorbe a case totalidade da capacidade económica da comarca co 85% do emprego e o 91% das empresas. O emprego en servicios repártese a metade en sanidade, un tercio no comercio e un cuarto en servicios a empresas. A capacidade de crecemento deste sector é moi limitada ou nula, agás na rama sanitaria. Por iso é fundamentral a diversificación da base económica: industria e, sobre todo, turismo no segmento de calidade, unha posibilidade ó alcance neste Ano Santo.