El cronómetro | Xabier Bueno Fía na Roca, un dos grupos do folk galego de máis contrastada calidade, resumirá os seus dez anos en catro concertos dos que sairá un novo disco
05 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.? aparición desta banda co seu primeiro álbum, Fía na Roca, no ano 1993, foi recibida con excelentes críticas, non só en Galicia senón tamén noutros países. De ahí que trala aparición do seu segundo traballo, Agardando que pase algo , no ano 1997, a súa música fose escollida para a escolma Celtic Twilight-Celtic Planet , editada en Europa e Estados Unidos. Algúns dos seus temas tamén serían seleccionados para o doble álbum Naciones Celtas , de Fonomusic. Xabier Bueno, cofundador da banda e un dos seus actuais sete membros, segue a desempeñar na mesma un papel importante como instrumentista de gaita galega, saxos e low whistles . -¿Estos catro concertos que Fía na Roca ofrecerá domingo e luns no Principal son tan só un pretexto para gravar un novo disco? -Supoñen a celebración de dez anos en directo, ao mesmo tempo que servirán para gravar os nosos éxitos nestes dez anos de existencia, basándonos nos tres discos que temos editado. -¿O feito de celebrar dez anos de existencia na música folk, de por sí xa é todo un éxito? -Non é doado sobrevivir. No noso caso, cando constituimos Fía na Roca xa viñamos de formar outras bandas, e cecais esa experiencia previa foi o que nos permitiu ter un pouco máis claro o proxecto musical. -¿Desde entón os plantexamentos básicos do grupo seguen sendo os mesmos? -Nós tiñamos claro que queriamos enfocar o noso proxecto a través da música tradicional galega, pero cunha proposta propia, tendo algo que dicir. Pero a medida que pasan os anos vas integrando novas influencias e tamén evolucionando. Teatro Principal.